Castelao, Alfonso Daniel R

Sempre en Galiza : antoloxía / Alfonso Daniel R. Castelao - 1ª - Vigo :Galaxia ,2001 - 163 p ;20cm

Esta "Antoloxía" de Sempre en Galiza quere ser un instrumento axeitado para a introducción ó pensamento de Castelao, fundamentalmente no relativo a aqueles temas que poden revestir un interese especial para o lector de hoxe. Como o propio antólogo explica no limiar do libro, tratouse de escolmar textos que falasen de "problemáticas que agora mesmo son motivo de controversia ou que carecen dunha plena resolución" e para as que o pensamento de Castelao segue a ser un importante punto de referencia. A antoloxía divídese en dous grandes bloques temáticos: ideario político e posicións lingüístico-culturais. Cada apartado vai seguido dunha "Guía para o comentario de textos" que, complementada coas aclaratorias notas a pé de páxina, conforman un libro concibido para o traballo na aula e para unha aproximación ó pensamento de Castelao.

1º-2º BAC

978-84-8288-435-6


Castelao


Pensamento político

32 Castelao, Alfonso R

Coa tecnoloxía Koha