Pedreira, Emma 1978-

As fauces feroces / Emma Pedreira - 1ª ed - A Coruña : Baía Edicións , 2019 - 125 p. ; 21 cm - (Baia narrativa ; 38) .

Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimización e Elsa faino sobre a súa relación con alguén que pasou fugaz mais deixou ruínas ao seu paso. Benedetta próstrase ante Bartolomea e esta acouga canda o corpo da monxa compañeira. A través dos séculos que as afastan, as catro mulleres–e unhas quinta e sexta que se intúen–, compoñen un tapiz reflexivo sobre a maternidade, a sexualidade, a diversidade nos afectos e o libre albedrío. Unha composición feroz e íntima, desde o interior de catro mulleres que falan entre elas e sobre elas como o farían consigo mesmas, para procurarse. Entre a ficción e a realidade histórica, As fauces feroces enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma.

978-84-9995-319-9


Diversidade
Muller--Novelas
Sexualidade--Novelas
Historia--Novelas

821.134.4-32"20"

Coa tecnoloxía Koha