TY - BOOK AU - Portabales Santomé, Arantza TI - A vida secreta de Úrsula Bas T2 - (Literaria (Galaxia) SN - 978-84-9151-623-1 PY - 2021/// CY - Vigo PB - : Galaxia KW - Misterio KW - Novelas KW - Intriga KW - Detectives N2 - Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia. Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso ER -